O noso centro, a Asociación Cultural da Vieira foi fundado o 6 de abril de 1989, 21 anos despois de que se constituise tamén a Enxebre Orde da Vieira, o xerme sobre o que se constituiu a nosa actual asociación. A nosa Orde naceu como unha irmandade de donantes de afecto, co obxetivo de aunar aos galegos afincados en Madrid para interrelacionalos, “exercer sempre como galegos…” e apoiar todo o relacionado con Galicia. A nosa asociación cultural, foi recoñecida como centro colaborador da Xunta de Galicia o 26 de maio do 2000.
Na actualidade conta cuns 1210 socios, a maioría dos cales son galegos. A asociación naca para difundir a cultura e a lingua galega tanto para os galegos como para os españois e simpatizantes das dúas culturas.
Desde os seus inicios, a nosa asociación desenvolveu unha incesante actividade cultural, como o demostra o feito de que fai 20 anos, se publicou a primeira edición de “A Galeguidade no Mundo” que foi a primeira guía, comentada, sobre a historia e a situación das colectividades galegas da diáspora. Este libro tivo a súa segunda edición, actualizada e aumentada, 8 anos máis tarde. En total foron 31 libros os que se editaron. Ademais, a Orde ven convocando os concursos “Vieira do Humor”, literario e gráfico, dedicados cada ano a un escritor galego. Froito desa actividade é o libro “Galicia e a Cultura do Humor”, de recente edición.